|
|
Eres o visitante n°: 61470 | | |
|
|
|
Unha vez construídos os pazos, como centro dunha grande propiedade agraria, dominando un territorio mais ou menos grande, aparecen as que os romanos chamaron xa no seu día “villas”, transformando aquela anterior aldeíña primitiva que era. Nos arredores deste conxunto de pazos xorden, por iniciativa dos colonos aburguesados, vilas como centro dun núcleo de poboación para repoboar o territorio.Deste xeito nace, na Idade Media, “Villarino del Campo”, pertencente por aquel entonces ao Señorío do Conde de Maceda, pero que irá medrando ata chegar no século XIX a converterse nunha Xurisdición de España en Galicia (da provincia de Ourense), que comprendía as Parroquias de Sta. María de Olás, Santiago de Pardavedra e Zarracós, tendo ademais parte das Parroquias de Corbillón, Entrambosríos e Podentes. |
Cando se establecen os primeiros “Axuntamentos” Constitucionais (no 1821), a Deputación de Galiza divide o que agora é o Concello da Merca, en dous: “Axuntamento de Villarino del Campo” e “Axuntamento de A Merca”, pertencentes os dous ao Partido Xurisdicional de Celanova.
|
Así permanecerá ata Xullo de 1836, que trala división de Galiza en catro Provincias e trala publicación do Real Decreto de 1835, recóllese a nova división municipal, pasando a ser A Merca a capital do “Axuntamento”, e “Villarino del Campo” unha das súas Xurisdicións, á que pertencen tanto as Parroquias de Santa María de Olás como a de Santa María de Corbillón (que incluía Zarracos).
|
A perda da xurisdición, a influencia da sede parroquial no lugar de Olás e as decisións políticas, leváronlle a trocar o nome, polo de Vilariño de Olás.
|
O actual Vilariño de Olás, atópase a unha altura de uns 450 metros, na ladeira Noroeste que forma o Monte do Castro (de 621 m.) có fermoso e fértil val do Río Arnoia. A súa poboación actual itinerante é de 15 veciños e unhas 30 persoas, repartidas nos lugares de A Barreira, As Pereiras, Campos e O Curro.
|
Vilariño conserva aínda restos do seu máximo apoxeo en edificacións coma o “Pazo de Vilariño”(cos seus dous escudos, a solaina, a fonte, o pombal, o canastro, o ciprés, os muros de protección,……); “O Palacio” (con tamén dous escudos, a cheminea señorial, os releves, os muros,……); “A Casa do Curro” (co seu canastro e o seu pombal circular de pedra); “A Casa dos Grande” (coas súas columnas en pedra de labrados capiteis), ou a “Cárcere de Campos”. Aínda que algúns deles perderon parte da súa identidade polas malas restauracións do século XX.
|
Tamén se atopa no lugar da Barreira, dende finais do século XIX, a “Ermita de San Pedro Advíncula”, construída aló polo século XVI ou XVII polos propios veciños de Pazos e Vilariño, no lugar que derivou no seu nome: San Pedro. As influencias do señorío sobre o pobo naquela época, levou a que estes mudaran a ubicación da ermida, quedando así ás portas dos “señores” do Pazo de Vilariño, promotores de tal troco. |
|
“E unha mágoa ver como as reformas feitas nos dous mellores Pazos de Vilariño estragaron a súa orixinal imaxe. Outras restauracións, pola contra, gañaron en beleza” |
|
|
|
|
“O Palacio” coma se coñece este Pazo de Vilariño co seu escudo. |
|
|
|
|
“Casa de Saa” ou “Pazo” de Vilariño co seu escudo. |
|
|
|
“Casa dos Grande” na Barreira, Vilariño. |
|
|
|
“Capela Barroca de San Pedro” |
|
|
|
|
|
|
|
|