|
|
Eres o visitante n°: 61470 | | |
|
|
|
A 16 km. de Ourense, a medio camiño entre A Merca e Celanova, pola estrada vella (C-540), xusto ao pasar a ponte do río Arnoia en Pontefechas e ca impresionante vista da ladeira norte do Monte de O Castro o fronte, descubrimos os fermosos paraxes da Parroquia de Olás, cruzada pola Ruta do Arnoia no Itinerario Comarcal da Terra de Celanova.
|
|
Santa María de Olás de Vilariño é unha das doce Parroquias que forman o Concello de A Merca, pertencente á Comarca da Terra de Celanova, na Provincia de Ourense. A Parroquia está constituída polos lugares de A Medorra, Pazos, San Pedro, A Barreira, As Pereiras, Campos, O Curro, Xen de Arriba e o propio Olás. |

|
|
|
Crúzao polo Norte o río Arnoia, que fai límite ca Parroquia de Faramontaos, xunto ca Parroquia de Entrambosríos, ámbalas dúas tamén do Concello de A Merca. Polo Sur atópase Soutomel e Podentes (do Concello de A Bola), Polo Este está Zarracos e Corvillón (tamén de A Merca) e polo Oeste o regato de Fechiñas fai de límite con Fechas (do Concello de Celanova). |
|
A súa altitude varía dende os 280 metros na parte mais baixa da ponte do regato de Fechiñas, ou os 375 metros do lugar de A Medorra ata os 621 metros no alto do Monte de O Castro.
|
O sector primario foi sempre a base da economía desta parroquia, aínda que foi berce tamén de grandes canteiros ou carpinteiros, hoxe en decadencia pola elevada idade da súa poboación. Exemplos claros temos na cantidade de pazos, pombais ou canastros espallados polos diferentes lugares, así coma na Capela de San Pedro feita polos homes de oficio da parroquia. |
|
|
|
O preocupante descenso da poboación dende os anos 80, parece non preocupar o noso Concello, que durante os derradeiros 30 anos non tomou medida algunha que frease este brusco descenso. Así, a principios do ano 2008, contaba con 153 habitantes, polos 171 do ano 1997, ou os 285 do ano 1986. A este ritmo, e tendo en conta o envellecemento da poboación, no ano 2050, será Olás unha parroquia fantasma. |
|
A pesares que algún topónimo (A Medorra) fainos pensar que no 3000 a. de C., xa tiñamos poboadores na nosa parroquia, ou que os restos atopados no Monte do Castro lémbranos á Cultura Castrexa da época dos Celtas, a verdade é que non conservamos outros vestixios ata o Medievo, onde destacan os Pazos de Vilariño, cos seus escudos, as súas fontes e tanques, pombais ou canastros que reflexa o esplendor dalgúns do lugar naquela época. Non embargante, o laborioso traballo de restauración de algúns dos veciños amosan tamén toda a fermosura de outras construcións posteriores (século XIX ou incluso XX) coma auténticas xoias. Outros vestixios, aínda que relixiosos, atopámolos na Capela de San Pedro (retablo e tallas de estilo Barroco) ou na Igrexa de Santa María (tamén có retablo maior e con algunhas das tallas Barrocas). |
|
|
|
¿Ondé está a parroquia de Olás de Vilariño? |
|
|
|
|
|
|