|
|
Eres o visitante n°: 61470 | | |
|
|
|
O nome de Pazos ten orixe latino, provén do nome “Palatium” atopado xa no século IX como nome dalgúns lugares de Galiza, aínda que non o atopamos en escritos ata o século XIV, figurando xa co nome evolucionado de “Paazo”. Tras a consolidación da lingua galega no século XVI, troca a “Pazo”, “Pazos”, Pazó” ou “Pacios”, para lugares ou apelidos, que se manteñen aínda nos nosos días.
|
Segundo os vestixios atopados, o noso actual Pazos, naceu aló polo século XVI, cando a nova fidalguía aburguesada, que proliferaba en toda Galicia, constrúen (en terreos aforados e mal repartidos pola realeza daquela época, a tan solo nobreza e clero) as súas “casonas solariegas” ou “pazos”, como vivenda para a explotación de extensos terreos. Un conxunto formado por varios destes dominios comezaban precisamente aquí,eran “Terras de Pazos”, dos que chegou haber tres: dous en Vilariño e outro no propio lugar de Pazos. Por iniciativa dos “señores", esta cabeceira do dominio, irase repoboando con campesiñado que lle traballan as terras a cambio dunhas condicións abusivas de semi-esclavitude, trocando, a partir do século XIX, e grazas o sacrificio e os aforros dos nosos emigrantes nas Américas, no que hoxe é a aldea de Pazos.
|
Situado a unha altura de 380 metros, na ladeira Norte que forma o Monte do Castro (de 621 m.) co fermoso e fértil val do Río Arnoia. Pazos ten hoxe unha poboación itinerante de 25 veciños e unhas 90 persoas, repartidas nas 43 ha. de terreo que forman os lugares de San Pedro, A Medorra e o propio Pazos. |
|
“As edificacións sen control do século XX, estragaron a fermosa paisaxe de antano na nosa aldea, aínda así, quedan restos que con axuda de todos podemos salvar”
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|