Últimas novas
MAGOSTO 2018
10 anos arredor da fogueira e as castañas...
Ler máis »
Publicada o:25-10-2018 Lecturas: 307
II Olimpiada Rural de A Broa
4 días - 4 sedes - 4 Asociacións involucradas ...
Ler máis »
Publicada o:11-10-2018 Lecturas: 319
Aurelio Domínguez Placa ó Mérito Veciñal
Pola Federación Provincial Limiar...
Ler máis »
Publicada o:07-06-2018 Lecturas: 384
Ermida de San Pedro Ad víncula
Fin dos proxectos de obras...
Ler máis »
Publicada o:07-06-2018 Lecturas: 378
Os nomes de Xen ou Oxén veñen da vertente masculina de Ouxeas que á súa vez é a variante dos nomes Euxenia ou Uxía, dadas sobre todo na Provincia de Ourense.
Agochado entre o medio de dous montes, o do Castro e o de Berredo, o lugar do Xen garda estreita relación coa cultura Castrexa. Situado a unha altura de uns 600 metros na parte máis Sur da Parroquia de Olás e constituíndo o límite do Concello de A Merca, ao que pertence, co do Concello de A Bola, co que garda moitas semellanzas.
Unha das moitas lendas que naceron arredor deste pobo, é a da “Fonte dos Ollos”, unha fonte milagreira que cura moitos males e onde viviu unha tempada San Cibrao, pero que, tralas continuas negativas dos veciños do Xen para construír unha ermida neste lugar, este decidiu marchar para o alto do actual Monte do San Cibrao, onde alí sí que os veciños de Pardavedra colaboraron co santo.
 
 
 
”Algunhas das belezas que manteñen o encanto do rural no pobo do Xen”
 
 
   
           
 
Panel de administración