O pobo de Olás garda estreita relación co Monte do Castro e coa Cultura Castrexa que se desenvolveu arredor destes, dende o asentamento dos Celtas nas nosas terras, uns cincocentos séculos a. de C.
Aló polo século XVI, o antigo pobo pasou a ser axuntado ao “Coto de Villarino del Campo”, propiedade do Conde de Maceda, tomando o nome de Olas de Villarino, ao que pertenceu durante varios séculos.
Trala proliferación das Parroquias nos pobos de Galicia, a partir do século XVI, a Igrexa de Santa María pasa a converterse na Parroquia de “Santa María de Olaas”, á que na actualidade pertencen aínda, ademais da propia aldea de Olás, as de Pazos, Vilariño e Xen de Arriba.
O pobo de Olás está situado a unha altura de 520 metros, na parte Este da ladeira do Monte do Castro (de 621 m.). O lugar ten hoxe unha poboación itinerante de 20 veciños e unhas 45 persoas.
Aínda que o retablo maior de madeira da Igrexa de Santa María, así como algunhas das súas tallas, son barrocas (1.735), a feligresía rende culto á Nosa Señora de Fátima, imaxe que chegou a igrexa moi posteriormente, xa entrado o século XX.
“Igrexa Barroca de Santa María de Olás, có Pendón da Virxe de Fátima e o seu Cruceiro”
“Canastro dos Fernández, como exemplo de restauración dun fermoso conxunto en perigo”