Últimas novas
III Olimpiada Rural de Abroa
Despegue definitivo do evento deportivo...
Ler máis »
Publicada o:19-09-2019 Lecturas: 3
25 Aniversario
AA.VV.San Pedro de Olás...
Ler máis »
Publicada o:04-05-2019 Lecturas: 96
MAGOSTO 2018
10 anos arredor da fogueira e as castañas...
Ler máis »
Publicada o:25-10-2018 Lecturas: 185
II Olimpiada Rural de A Broa
4 días - 4 sedes - 4 Asociacións involucradas ...
Ler máis »
Publicada o:11-10-2018 Lecturas: 193
Programación do Magosto'09 na WEB
O día 14 de Novembro a partir das 14:30 horas


Tras a Xuntanza mantida polos membros da Xunta Directiva desta Asociación Veciñal, acordouse que este ano celebrarase a Festa do Magosto o vindeiro 14 de Novembro (sábado), a partir das 14:30 horas. Como xa no seu día se acordara, a celebración desta festa irá rotando cada ano. Lembramos que no ano 2007 fíxose en Pazos, no 2008 en Vilariño, este ano tócalle (por sorteo) a Oxén, e o ano que ven será en Olás.  

O festexo será preparado polos veciños de Oxén que farán de anfitrios, con axuda de outros voluntarios de os demais pobos que lles votaran unha man. Farase nunha carpa na Aira da Fonte, a veira do Forno, onde se cocerá o pan (a cargo da Cármen) e prepararase parte do convite.

O MENÚ acordado será o seguinte: castañas, empanadas, churrasco (con chourizo e criollo), bica, pan, viño, refrescos, cafe e chupito.

Amenizará a tarde-noite un GRUPO MUSICAL, aínda por determinar.

O PREZO por persoa é de 10€ para os Socios e seus convidados, de 5€ para nenos de 7 a 12 anos e de balde para os nenos menores de 7 anos e os adultos maiores de 100. 

O PRAZO para anotarse é ata o 8 de Novembro. Podéndose anotar todo aquel que queira onde os representantes de cada pobo: Oxén: Julio - Olás: Isauro - Vilariño: Eladio - Pazos: Venerando ou tamén no Local Social da Asociación.

XA PODEDES VER A PROGRAMACIÓN NO APARTADO DE FOTOGRAFIAS DESTA WEB.

 
Nova publicada o día: 23-10-2009Número de lecturas: 503
 

 

   
             
 
Panel de administración