Últimas novas
III Olimpiada Rural de Abroa
Despegue definitivo do evento deportivo...
Ler máis »
Publicada o:19-09-2019 Lecturas: 3
25 Aniversario
AA.VV.San Pedro de Olás...
Ler máis »
Publicada o:04-05-2019 Lecturas: 96
MAGOSTO 2018
10 anos arredor da fogueira e as castañas...
Ler máis »
Publicada o:25-10-2018 Lecturas: 185
II Olimpiada Rural de A Broa
4 días - 4 sedes - 4 Asociacións involucradas ...
Ler máis »
Publicada o:11-10-2018 Lecturas: 193
Futuro das Festas Patronais
2010 Festa da Fátima - 2011 Festa do San Pedro

Tras a Convocatoria Extraordinaria celebrada o Domingo día 20 de Setembro, as 10:30 horas, e á que estaban convocadas todas aquelas familias que aportaron algún donativo para as Festas do 2009, (ben Fátima ou ben San Pedro). Foron 45 representantes das familias da Parroquia, de un total de 71, os que acudiron a convocatoria feita pola Xunta Directiva desta Asociación, para tratar un só tema: Futuro das Festa Patronais. Tras as diferentes votacións realizadas, os resultados dos acordos foron:

1º- Por maioría absoluta (40 familias a favor por 5 en contra), será a Xunta Directiva da Asociación de Veciños a que terá as Festas Patronais da Parroquia nos vindeiros anos, e non un particular.

2º- Por maioria relativa (19 familias a favor e 17 en contra, o resto abstención ou non quedaron a esta segunda votación), terase tán só unha Festa anualmente: un ano a Fátima o ano seguinte o San Pedro, e así ano tras ano, ata un novo acordo.

3º- A Festa celebrarase polo menos durante dous días, ainda que dependendo dos cartos acadados e do prezo dos espectáculos, serán os maiordomos de cada ano, os que decidan o que traer ou non para facer chegar os cartos xuntados.  

4º- Tamén por maioría absoluta, establecese unha única cuota veciñal para a celebración das Festas, que será de 80€ por familia. Os ingresos e gastos seran pubricados nos tablóns de anuncios.

5º- Tras o sorteo para ver que festa se celebrará primeiramente, saiu que no vindeiro ano 2010 escomenzarase pola celebración da Festa da Fátima e no 2011 a de San Pedro.

Dende esta Asociación queremos ser respectuosos cas decisións tomadas pola maioria e invitamos a todos a que fagan o mesmo, aínda que somos conscientes que habrá decisións tomadas que non se axusten o que queremos cada un de nos de forma particular. Pero como vos podedes imaxinar non se pode facer todo a gusto de todos. 

 
Nova publicada o día: 21-09-2009Número de lecturas: 475
 

 

   
             
 
Panel de administración