Últimas novas
III Olimpiada Rural de Abroa
Despegue definitivo do evento deportivo...
Ler máis »
Publicada o:19-09-2019 Lecturas: 34
25 Aniversario
AA.VV.San Pedro de Olás...
Ler máis »
Publicada o:04-05-2019 Lecturas: 125
MAGOSTO 2018
10 anos arredor da fogueira e as castañas...
Ler máis »
Publicada o:25-10-2018 Lecturas: 208
II Olimpiada Rural de A Broa
4 días - 4 sedes - 4 Asociacións involucradas ...
Ler máis »
Publicada o:11-10-2018 Lecturas: 217
III Olimpiada Rural de Abroa
Despegue definitivo do evento deportivo

Por terceiro ano consecutivo o deporte e os xogos populares da Olimpiada de Abroa converteuse, xunto ca Piscina Municipal, na estrela do verán para os cativos do noso Concello de A Merca. Mantense a participación do ano anterior, 144 nen@s, amosando que nin a choiva que caeu o día de Zarracós, nin o bochornoso calor que fixo o día de Pazos, nin a coincidencia de outros eventos simultáneos, poden frear ós nosos deportistas:

7 AGOSTO: 1ª Xornada - Zarracós: Xincana de Xogos Populais Galegos        44 participantes

15 AGOSTO: 2ª Xornada - Entrambosríos: Baloncesto                               44 participantes

17 AGOSTO: 3ª Xornada - Corvillón: Andaina e Voleibol                             25 participantes

24 AGOSTO: 4ª Xornada - Pazos: Carreira Obstáculos e Fútbol Lameiro        30 participantes

Un ano máis son as Asociacións Veciñais de Abroa, (Zarracós, Entrambosrios, Corvillón e Olás), as que organizan esta Olimpiada Rural, co apoio económico do Concello de A Merca e ca colaboración de organismos públicos e empresas privadas, como INORDE, Federación de Asociacións Veciñais Limiar, Centro Cultural Xaquín Lourenzo, Electricidade VARI, Escola de Música Bieito Blanco e non menos importante a colaboración de tódolos voluntarios que fan posible levar a cabo este evento. 

Nesta edición víronse bastantes melloras a edicións pasadas, como a espectacular lona personalizada da Olimpiada para o “fotocol” dos deportistas, podiuns para recollida de trofeos, medallas dos campións personalizadas para o evento, circuítos e canchas deportivas moi melloradas, un catering mais infantil e chamativo ca estrela das mini-hamburguesas de cores, … … …, todo isto fai pensar que temos un gran evento implantado xa nesta comarca e que deberíamos colaborar entre todos para que non acabe morrendo como case que todo neste noso rural galego.           
 

 

 
Nova publicada o día: 19-09-2019Número de lecturas: 34
 

 

   
             
 
Panel de administración