Últimas novas
MAGOSTO 2018
10 anos arredor da fogueira e as castañas...
Ler máis »
Publicada o:25-10-2018 Lecturas: 308
II Olimpiada Rural de A Broa
4 días - 4 sedes - 4 Asociacións involucradas ...
Ler máis »
Publicada o:11-10-2018 Lecturas: 319
Aurelio Domínguez Placa ó Mérito Veciñal
Pola Federación Provincial Limiar...
Ler máis »
Publicada o:07-06-2018 Lecturas: 385
Ermida de San Pedro Ad víncula
Fin dos proxectos de obras...
Ler máis »
Publicada o:07-06-2018 Lecturas: 379
MAGOSTO 2018
10 anos arredor da fogueira e as castañas

Aínda que os primeiros vestixios de agrupación veciñal nun magosto nos nosos pobos, remóntase alá polo ano 1.995, cando aínda se criaba e mataba o porco pa ocasión e comíase del durante dous días, con viño novo da casa e castañas dos veciños. Dende o 2.009 que se unificou esta Asociación Veciñal ó ámbito de toda a Parroquia de Olás, a festa do Magosto veuse celebrando de forma alternativa entre os pobos do Xén e ó de Pazos, cinco con esta en cada un deles, un total de dez festas gastronómicas onde a raíña é a castaña.

 

Agora xa non se ceba, nin mata o porco, mércase en anacos; pero séguese preparando de forma exquisita á brasa: o churrasco o chourizo ou o criollo, ca receita tradicional dos mestres cociñeiros. Igual que as castañas, asadas na tradicional brasa do carballo, convértense ano tras ano, no manxar agardado por todos. Por suposto, que o viño tinto novo segue sendo o que rega as gorxas dos magosteiros, que grolo tras grolo, mesturado ca algarabía da festa, vai subindo as temperaturas dos partícipes, que dan paso as cantigas e os bailes típicos da nosa cultura galega.     

 

Este ano estase a preparar todo para celebrar o que será o número 10; dez anos consecutivos nos que se xuntaran os veciños do Xén, de Olás, de Vilariño e de Pazos para, esquecendo por un día as súas diferenzas, disfruten dunha festa tan antiga e tradicional na nosa Provincia de Ourense. Este é o programa: 

 

 
Nova publicada o día: 25-10-2018Número de lecturas: 308
 

 

   
             
 
Panel de administración