Últimas novas
MAGOSTO 2018
10 anos arredor da fogueira e as castañas...
Ler máis »
Publicada o:25-10-2018 Lecturas: 307
II Olimpiada Rural de A Broa
4 días - 4 sedes - 4 Asociacións involucradas ...
Ler máis »
Publicada o:11-10-2018 Lecturas: 319
Aurelio Domínguez Placa ó Mérito Veciñal
Pola Federación Provincial Limiar...
Ler máis »
Publicada o:07-06-2018 Lecturas: 384
Ermida de San Pedro Ad víncula
Fin dos proxectos de obras...
Ler máis »
Publicada o:07-06-2018 Lecturas: 378
II Olimpiada Rural de A Broa
4 días - 4 sedes - 4 Asociacións involucradas

 


As Asociacións Veciñais de Zarracós, Entrambosrios, Corvillón e Olás, organizan unha mellorada segunda edición da Olimpiada de A Broa, con maior respaldo de organismos públicos e empresas privadas, así tamén como de colaboradores e participantes, que lle dan un pulo ó futuro desta competición. 

 
Así foi o PROGRAMA:

8 AGOSTO: 1ª Xornada - Zarracós: Xincana Xogos Populais Galegos 40 inscritos (21 nenas 19 nenos)

15 AGOSTO: 2ª Xornada - Entrambosríos: Baloncesto                      33 inscritos (20 nenas 13 nenos)

18 AGOSTO: 3ª Xornada - Corvillón: Andaina e Voleibol                   32 inscritos (19 nenas 13 nenos)

25 AGOSTO: 4ª Xornada - Pazos: Carreira Obstáculos e Fútbol sála  40 inscritos (20 nenas 20 nenos)

                                                              TOTAL                145 INSCRITOS (80 nenas e 65 nenos)

 

Un total de 145 cativos, (80 nenas e  65 nenos) de entre 4 a 13 anos participaron nas diferentes competicións organizadas nas catro sedes e nas catro xornadas desta edición, sendo un total de 40 os participantes na sede de Pazos, que participaron na Carreira de Obstáculos, a fútbol lameiro ou en ámbalas dúas. 

Con respaldo económico do Concello de A Merca, con colaboracións do INORDE Turismo de Ourense, da Federación de Asociacións Veciñais Limiar, Centro Cultural Xaquín Lourenzo, Electricidade VARI, Escola de Música Bieito Blanco e a boa publicidade do xornal La Región, da man de Laura Fernández, sen esquecer a boa acollida  por parte dos participantes, dos monitores e do numeroso público fixo que esta segunda edición, non sexa mais que o trampolín cara a un longo futuro da Olimpiada Rural, que pouco a pouco se vai afianzando neste bonito recuncho de A Broa.

 

 
Nova publicada o día: 11-10-2018Número de lecturas: 319
 

 

   
             
 
Panel de administración