
A Federación de Veciños da Provincia de Ourense, LIMIAR, un ano máis, fai entrega das Insignias de Ouro e das Placas de Prata 2017 ó Mérito Veciñal no Teatro Principal de Ourense.
O candidato proposto nesta ocasión por esta AA.VV. San Pedro de Olás, como aspirante a estes galardóns, foi Aurelio Domínguez Peña, veciño da Medorra, por adicar parte do seo tempo a activar a vida social e cultural, así como fomentar a convivencia dos nosos veciños, como membro da Xunta Directiva desta asociación.
A súa candidatura foi aprobada por maioría absoluta, e recoñecida nunha emotiva homenaxe que tivo lugar o 22 de Novembro de 2017, no Teatro Principal de Ourense, onde recibiu a felicitación telemática do actor galego Sergio Pazos e a entrega do premio de mans da súa propia filla, Belén Domínguez.
Dende a AA.VV. San Pedro de Olás agradecemos á Federación Limiar esta distinción e felicitamos ó noso compañeiro por este recoñecemento público. Noraboa Aurelio!!!!!

|