Últimas novas
MAGOSTO 2018
10 anos arredor da fogueira e as castañas...
Ler máis »
Publicada o:25-10-2018 Lecturas: 307
II Olimpiada Rural de A Broa
4 días - 4 sedes - 4 Asociacións involucradas ...
Ler máis »
Publicada o:11-10-2018 Lecturas: 319
Aurelio Domínguez Placa ó Mérito Veciñal
Pola Federación Provincial Limiar...
Ler máis »
Publicada o:07-06-2018 Lecturas: 384
Ermida de San Pedro Ad víncula
Fin dos proxectos de obras...
Ler máis »
Publicada o:07-06-2018 Lecturas: 379
Ermida de San Pedro Ad víncula
Fin dos proxectos de obras


Primeiro foi lograr a titularidade da Ermida para os veciños da Parroquia, representada por esta Asociación Veciñal que leva seu nome. A continuación arranxar as paredes e teitos que a polilla e a humidade tiñan estragados. Para proseguir ca restauración do retablo barroco e de tódalas imaxes que pertencían a el. Despois sustituíuse a escalinata aburatada de bloque e escombro  por unha nova de pedra do pais de granito macizo e finalmente colocouse o pasamáns de ferro de forxa que sustituía o anterior de aluminio. Toda a obra vixiada de cerca polos técnicos de Patrimonio.

 

O custe de todo este proxecto superou os 55.000€, que foron sufragados polas subvencións concedidas dos Fondos Europeos “Plan E”, da Deputación Provincial de Ourense, do Concello de A Merca, da propia Asociación San Pedro e dos donativos dos veciños da Parroquia de Olás, os que dende aquí agradecemos a súa colaboración.  

 

Remata así un período que durante 5 anos de obras en varias fases, levou a esta Asociación darlle un cambio moi mellorado de imaxe á Ermida de San Pedro Advíncula, converténdoa nunha das Ermidas barrocas mais fermosas de Galiza e quizais das poucas no mundo adicada ó San Pedro Advínucla ou “encadenado” e a única no mundo enteiro, que ademais celebra tradicionalmente a súa festividade no mes de Agosto.

 

 

Os xornais “La Región” e “La Voz de Galicia”, así como a TVG nas novas do mediodía e da noite, fixéronse eco desta nova en distintas ocasións, publicando bonitas reportaxes.





 
 

 
Nova publicada o día: 07-06-2018Número de lecturas: 379
 

 

   
             
 
Panel de administración