Últimas novas
I OLIMPIADA RURAL DE ABROA
Éxito de participación e magnífica colaboración...
Ler máis »
Publicada o:13-10-2017 Lecturas: 58
I Olimpiada Rural de Abroa
Días 8, 15 e 18 de Agosto...
Ler máis »
Publicada o:06-07-2017 Lecturas: 116
CARTEL DE FESTAS 2017
Festa do S. Pedro e Dia do Deporte e da Cultura...
Ler máis »
Publicada o:05-07-2017 Lecturas: 123
Programación Abroa-2017
Para tódolos gustos e idades...
Ler máis »
Publicada o:22-06-2017 Lecturas: 122
I OLIMPIADA RURAL DE ABROA
Éxito de participación e magnífica colaboración

ORGANIZA:    AA.VV. San Pedro de Olás                            
AA.VV. San Andrés de Zarracós  
AA.VV. Sta. Mª de Entrambosríos          

 

COLABORA:   INORDE Turismo de Ourense 
Centro Cultural Xaquín Lorenzo 
Deputación Provincial de Ourense 
Concello de A Merca 
Electricidade VARI 
Asociación Cultural Mitocondrias 
Escola de Música Bieito Blanco 
Deportes Punginsport 
Estrella Galicia                

               

DATAS:        8 AGOSTO: 1ª Xornada: Xincana de Xogos Populais Galegos. Sede cancha de Zarracós

33 inscritos (16 nenas e 17 nenos)

    15 AGOSTO: 2ª Xornada: Baloncesto. Sede cancha de Entrambosríos

38 inscritos (18 nenas e 20 nenos)

   18 AGOSTO: 3ª Xornada: Atletismo e Fútbol sala. Sede: campo de xogos de Pazos

33 inscritos (15 nenas e 18 nenos)

 

Participación: os pronósticos mais optimistas que barallábamos eran de uns 60 nenas/o inscritos durante as tres xornadas. A realidade foi ben distinta, xa que a participación foi superada ampliamente nesta primeira edición da Olimpiada de Abroa, ata un total de 104 inscritos de entre 4 e 12 anos de idade. Todos eles tiveron a súa medalla e os seus agasallos como gañadores ou como participantes, así como a merenda que a organización preparou para todos eles, en cada un dos eventos.

Colaboradores: temos que engadir a esta cifra, outros 10 xóvenes de idades comprendidas entre os 13 e 18 anos que se involucraron de forma altruísta na organización e no desenrolo das diferentes probas, así como outras 20 persoas adultas (árbitros, xuíces, monitores, montadores, etc),  que fixeron as labores necesarias para o exitoso desenrolo desta primeira edición dos xogos. Así mesmo, sumáronse outras empresas colaboradoras, que aportaron o seo pequeno grao de area, para facer sostible o aumento de participantes e un precario presuposto do que a organización dispuña. A todos estes voluntarios e colaboradores queremos agradecerlles púbricamente a súa labor.

 

Medios publicitarios: ademais dos medios xa previstos para a difusión desta competición, coma os carteis, páxinas web das asociacións ou redes sociais (Twuiter e Facebook), tamén axudou moito os diferentes artigos que foron saíndo na prensa escrita, La Región e no VIDA, da man de Laura Fernández, a que agradecemos tamén que unha vez mais, cubrira un evento da nosa comarca.

Tras a fantástica participación e colaboración desta tempada, escomenzaremos a traballar na organización dunha segunda edición da OLIMPIADA RURAL DE ABROA. 

Aqui tendes o enlace das mais de 400 fotos que podedes ver deste evento gracias a XURXO DOREGO:

PAZOS: 
https://www.flickr.com/gp/15205611@N07/71Y3t5

ENTRAMBOSRIOS: https://www.flickr.com/gp/15205611@N07/YesnLJ

ZARRACÓS: https://www.flickr.com/gp/15205611@N07/SjM86b

 
Nova publicada o día: 13-10-2017Número de lecturas: 58
 

 

   
             
 
Panel de administración