Últimas novas
III Olimpiada Rural de Abroa
Despegue definitivo do evento deportivo...
Ler máis »
Publicada o:19-09-2019 Lecturas: 34
25 Aniversario
AA.VV.San Pedro de Olás...
Ler máis »
Publicada o:04-05-2019 Lecturas: 125
MAGOSTO 2018
10 anos arredor da fogueira e as castañas...
Ler máis »
Publicada o:25-10-2018 Lecturas: 208
II Olimpiada Rural de A Broa
4 días - 4 sedes - 4 Asociacións involucradas ...
Ler máis »
Publicada o:11-10-2018 Lecturas: 217
www.olasdevilarino.es : 50.000 visitas
Gracias a cada un de vos

Recen cumpridos 8 anos dende que votamos andar esta web, e son xa máis de 50.000 as visitas alcanzadas; sendo ó mais sorprendente de todo o aumento paulatino que día tras día vai alcanzando, a pesares de ser cada vez menos as actualizacións que imos facendo desta web de olasdevilarino. Un punto de información visual e escrito que perdurará no tempo, amosando as nosas costumes, cultura, patrimonio, gastronomía,………etc., a un mundo cada vez mais globalizado.

 

Exactamente son hoxe 50.713 as visitas á web; pasando das 1.927 no ano de inicio (2009) ata as 10.000 que temos nos derradeiros anos.

Publicáronse 173 NOVAS sobre o noso entorno, que foron leídas, nin mais nin menos, que 80.371veces; e unhas 1.100 fotos que foron vistas en máis de 128.300 ocasións.

 

As NOVAS máis seguidas foron:

-      Actrices por un día. Lucia de Olás e Noemí de Oxén.

-      Por fin conseguimos subvencións para o noso patrimonio.

-      Razas autóctonas galegas: Galiña de Mos. Subvencionadas para socios.

-      Todos metidos na casa, perigo!!!! Empeza a tempada de caza.

-      Restauración das poldras do Arnoia. O xornal La Región adianta a nova.

-      Ruta de sendeirismo por Olás. 9.5kms de beleza paisaxística.

 

Como de costume e a pesares de estar escrita en galego, as visitas á web chegan dende tódolos currunchos do mundo, desde EE.UU., Arxentina ou Reino Unido ata Rusia, Irak, China, Brasil, Xapón ou Corea. E de norte a sur do territorio nacional, Madrid, Bilbao, Barcelona, Vigo, Coruña, etc., etc.

 

Gracias a tódolos que vos interesades nesta modesta web: www.olasdevilarino.es   

 

 

 
Nova publicada o día: 23-01-2017Número de lecturas: 399
 

 

   
             
 
Panel de administración