Últimas novas
25 Aniversario
AA.VV.San Pedro de Olás...
Ler máis »
Publicada o:04-05-2019 Lecturas: 76
MAGOSTO 2018
10 anos arredor da fogueira e as castañas...
Ler máis »
Publicada o:25-10-2018 Lecturas: 163
II Olimpiada Rural de A Broa
4 días - 4 sedes - 4 Asociacións involucradas ...
Ler máis »
Publicada o:11-10-2018 Lecturas: 169
Aurelio Domínguez Placa ó Mérito Veciñal
Pola Federación Provincial Limiar...
Ler máis »
Publicada o:07-06-2018 Lecturas: 238
Obxetivos 2014-2016 cumpridos
Continúa a mesma Xunta Directiva ata 2018

Os obxectivos xerais marcados pola Xunta Directiva da AA.VV. San Pedro de Olás, para a etapa 2014-2016, foron basicamente cumpridos de unha forma notable:  

 

- Participar dos proxectos da Federación Provincial, Galega e Española de AA.VV. OK

- Nova reunión co Bispado para clarificar titularidade da Ermida de San Pedro. Chegouse a un acordo co Bispado e estamos agardando a lenta resolución do Catastro.

- Reclamación ó Concello para retirar o lixo dos nosos montes. Presentada solicitude pero sigue sen retirarse o lixo do monte.

- Reclamación ó Concello para modificar de poste a farola de San Pedro. OK. Traballo realizado.

- Asinar co Concello a concesión do novo Local Social do Xén. OK

- Presentación na Xunta das sinaturas para ampliación do marxe de seguridade de caza. OK, Resolto favorable e definitivamente pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.  

- Mercar carpas en propiedade para evitar o seu aluguer dúas veces ó ano.  OK; mercada en parte con subvención da Dipuatación de Ourense e empregada xa en cinco eventos.

- Restauración do mobiliario pendente da asociación.  OK

- Organización da Festa de Fátima do 2014 en Olás. OK

- Solicitude de subvencións para manter ou recuperar o noso patrimonio. OK. Restauración do Campo de xogos e parede da Aira da Saeta de Pazos.

- Trámites e traballos para ampliación do camiño ata a Antiga Escola do Xén. En trámites; por dificultades con propietarios de terreo afectado.

- Fomentar esta zona en conxunto cas outras asociacións veciñais. OK

- Organización do Magosto 2014 en Pazos. OK

- Organización da Fogata de San Xoán 2014. OK

- Lotería do Nadal 2014, sen recargo. OK

- Restauración e nova ubicación do cruceiro desfeito no ano 2012. En trámites; afastouse unha partida para facer o traballo.

- Organización da Fogata de San Xoán 2015. OK

- Organización da Festa de San Pedro 2015 en Vilariño. OK

- Organización do Magosto 2015 no Xén. OK

- Lotería do Nadal 2015, sen recargo. OK

 

- Manter ó máximo actualizada esta web. OK



Tras este periodo de dous anos, 2014/2016, elixiuse en xunta extraordinaria entre os socios presentes, unha nova directiva, que quedou formada polos membros actuais, e que cumprirán funcións durante dous novos anos.  


 

 
Nova publicada o día: 19-09-2016Número de lecturas: 486
 

 

   
             
 
Panel de administración