Últimas novas
III Olimpiada Rural de Abroa
Despegue definitivo do evento deportivo...
Ler máis »
Publicada o:19-09-2019 Lecturas: 34
25 Aniversario
AA.VV.San Pedro de Olás...
Ler máis »
Publicada o:04-05-2019 Lecturas: 125
MAGOSTO 2018
10 anos arredor da fogueira e as castañas...
Ler máis »
Publicada o:25-10-2018 Lecturas: 208
II Olimpiada Rural de A Broa
4 días - 4 sedes - 4 Asociacións involucradas ...
Ler máis »
Publicada o:11-10-2018 Lecturas: 217
Dende a época dos Suevos ata a Idade Media (século X) coñécese moi pouco do acontecer en Galicia. No ano 585 Leovigildo invade Galicia, desaparecendo así o Reino Suevo que é absorbido pola Monarquía Visigoda. E uns douscentos anos despois, alá no século VIII, son os Musulmáns, os que tras entrar nos pobos do norte peninsular, anexiónanos ó seu reino, sen chegar a repoboalos por falla de poboación, limitándose á propagación da súa relixión, á arabización social das novas terras conquistadas e ás incursións dende o sur para saquear ou incluso arrasar conventos, igrexas, castelos, señoríos e todo o que atopan ó seu paso, así como levar cautivos e gando, que axudarán a engrandecer a súa capital na Península, Córdoba. Unha vez mais, os galegos fan fronte ós mouros dende os Castros, onde se ven obrigados a refuxiarse.
Cansos de soportar durante séculos tantos abusos de mans dos mouros, todos os reinos cristiáns, ca axuda masiva do pobo, únense no ano 1212 para proclamar a Guerra Santa contra os Musulmáns, facéndolle fronte as súas pretensións de exterminar aos cristiáns e anexionar toda a Península ó seu reino.
As loitas, incursións e saqueos frecuentes en Galicia, durante estes séculos, deixa extensas comarcas sen poboación, especialmente na nosa zona, que son repoboadas en distintas ocasións dos séculos XI e XII, polo Mosteiro de Celanova ou pola nobreza.
O Camiño de Santiago que achega peregrinos de toda Europa, aportando unha confluída mestura de culturas, así coma as novas artes de pesca do século XII, con creación de portos e fábricas de salazón, para o consumo do peixe tamén nas nosas aldeas do interior, trae prosperidade a Galicia nos séculos vindeiros.
Durante toda a Idade Media, na nosa comarca segue predominando a agricultura e gandería, sendo a nobreza e o clero os que se irán facendo donos das terras de case que toda Galicia, grazas aos favores reais e á mala repartición das mesmas. As da nosa Parroquia pertencían ó Conde de Maceda, mentres que outras veciñas eran administradas polo Mosteiro de Celanova.
Esta inxusta repartición das terras, así coma os foros ou subarrendo destas, os abusos nos impostos, tributos e rendas, os anos de malas colleitas, etc., van afogando na pobreza cada vez mais ó noso campesiñado, que remata coa súa rebelión, aínda que sen acadar moitos froitos das mesmas: as Guerras Irmandiñas do século XV.
Esta crise irase acentuando nos séculos XVI e XVII, pola falla de medidas económicas a favor do pobo, onde a burguesía xa manifesta o esplendor do seu enriquecemento cos fastuosos pazos construídos, aproveitando a explotación infrahumana do seu campesiñado, e provocando a primeira emigración masiva galega por necesidade: a Portugal e Castela, onde se establecerán para non voltar.
As medidas tomadas no século XVIII, tampouco son favorables ós nosos labregos, descenden os sistemas de foros para incrementarse o de arrendo, onde a renda pode ser fixa ou variada segundo a cantidade proporcional á colleita. Pero unha vez mais, ás rendas engádenselle outros impostos ou tributos abusivos, inxustos e incluso absurdos (coma o de “Luctuosa”, onde á morte do cabeza de familia, os herdeiros téñenlle que dar ao “señor” a mellor cabeza de gando da casa). Diante destes abusos os nosos labregos atópanse, unha vez mais, desprotexidos, e non lles queda outra que agachar a cabeza e levar unha vida de miseria e privacións a favor dos “señores”.
A alternativa a esta pobreza volve ser a emigración, aínda que desta volta temporal: as Segas de Castela. Cuadrillas formadas por veciños da Parroquia, encamiñábanse cada ano ós diferentes pobos de Castela a gañar un xornal.
Votaban fora da casa catro meses, dende abril a agosto, con xornadas diarias de sol a sol, por xornais mais ben pequenos. A festa do San Pedro, aprazada ó derradeiro domingo de agosto, convertíase, ano a ano, en dobre motivo de algarabía: as honras ó devoto santo e maila xuntanza das familias.
 
“Algúns útiles dos segadores”
“Capela barroca de San Pedro”
 
A partir de 1853, a grande demanda de man de obra solicitada dende América, especialmente Arxentina, Cuba, México ou Brasil, fai que miles de galegos, entre eles moitos dos nosos veciños de Olás, especialmente os mais novos, vexan esta como unha grande oportunidade de saír da miseria na que vivían. Así, deixando atrás as súas familias, a súa terra, pero tamén a súa pobreza, parten nunha aventura un pouco incerta, pero que, grazas ó bo facer dos galegos, pronto logran abrirse camiño nas novas terras, gañando uns cartiños que mandan á casa, e cos que as familias van mercando terras á nobreza, que xa empeza a abandonar o campo para voltar as cidades.
 
“ Dende o porto de Vigo, son moitos os galegos que cruzan a América nos séculos XVIII e XIX ”
 
No ano 1929, a I Guerra Mundial e a grande crise económica que esta provoca, remata con esta corrente migratoria. Un pouco o prólogo do que anos despois acontece en España: a Guerra Civil. Aínda que a nosa comarca non se converte en campo de batalla, os homes, mulleres e nenos da nosa parroquia, sofren as súas consecuencias ou incluso sacrifican as súas vidas por unha causa allea a todos eles.
Trala Guerra de España e despois da II Guerra Mundial, a economía mundial queda moi resentida e os nosos pobos na miseria, polo que a partir de 1945 ábrense de novo outros destinos a onde poder emigrar a gañala vida, pois a falla de oportunidades, as familias numerosas e o espírito loitador do galego, fai imposible a vida nas aldeas. Deste xeito, os galegos atopan destinos en América, sobre todo Venezuela, en Europa, sobre todo Suíza ou Alemania e incluso dentro de España, en Barcelona, Madrid ou Euskadi. Moitos dos nosos familiares, amigos ou veciños, a pesares da grande morriña que senten, aínda hoxe residen alí, facendo escapadas á “terriña” en canto lles é posible.
“Guerras que non trouxeron mais que dor e miseria á nosa terra”
Hoxe a nosa Parroquia de Olás non é mais que historia, berce de moitos que dende lonxe ven con mágoa como as nosas aldeas morren, como a casa dos seus pais ou abos se derruba, como os vellos vanse indo e os novos non voltan, como ano tras ano son menos os veciños que viven nela, como os poucos que quedan non poden evitar que o Monte do Castro “engulla” a aldea, recuperando, cando os lumes o permiten, a súa frondosidade de antano que chegaba ata o río Arnoia, como unha terra tan fermosa morre con eles.
 
   
           
 
Panel de administración