Últimas novas
MAGOSTO 2018
10 anos arredor da fogueira e as castañas...
Ler máis »
Publicada o:25-10-2018 Lecturas: 308
II Olimpiada Rural de A Broa
4 días - 4 sedes - 4 Asociacións involucradas ...
Ler máis »
Publicada o:11-10-2018 Lecturas: 319
Aurelio Domínguez Placa ó Mérito Veciñal
Pola Federación Provincial Limiar...
Ler máis »
Publicada o:07-06-2018 Lecturas: 385
Ermida de San Pedro Ad víncula
Fin dos proxectos de obras...
Ler máis »
Publicada o:07-06-2018 Lecturas: 379
A historia dos pobos de Olás é a mesma historia ca de todos os pobos galegos, que dende a chegada dos Celtas (un grupo de nómades indoeuropeos en busca de terras onde asentarse) alá polo século VI a. de C., ata apenas fai uns poucos anos, pasando polos Romanos, os Suevos, os Musulmáns, os reis Astures, Leoneses ou Casteláns, os Portugueses, os Franceses, os Piratas Ingleses, Vikingos, Turcos ou Arxelinos, tamén os Nobres e Burgueses galegos ou foráneos establecidos na nosa terra, sen esquecer, por suposto, á igrexa, non fixo o pobo galego outra cousa que sufrir e padecer todo tipo de abusos, saqueos, invasións, loitas, anexións, explotacións, humillacións, espoliacións, incendios, ataques, miserias, pestes, e un longo etc., que debemos ter sempre moi presente ó falar da nosa historia, por todas estas atrocidades cometidas durante mais de vintecinco séculos contra ó pobo galego.
Os primeiros grupos nómades, dos que temos coñecemento que chegaron o Noroeste Peninsular, foron os Neandertais que procedentes dende Europa, buscaban unhas condicións climáticas mais favorables, terreos ricos en froitos silvestres e caza en abundancia. Probablemente chegaran a desaparecer antes de lograr espallarse por toda a nosa xeografía, debido a pobre cultura desenrolada e as moi baixas temperaturas en certas épocas do ano.
Deste xeito, ata a chegada do Home de Cro-Magnon (xa Home Sapiens) procedente de África, non temos restos que confirmen que a nosa rexión estivese poboada. A partir de entonces, atopamos xa vestixios Megalíticos no monte de San Cibrao (no veciño Concello de A Bola). Trátase de dúas “medorras” ou “mámoas” coas súas cámaras dolmáticas (sepulcros de planta circular, formados por un montículo artificial de terra que recobre un dolmen), do III milenio a.de C. Así mesmo, e aínda que non temos restos, podemos falar dalgúns topónimos que perduraron no tempo e fan referencia a estes lugares, tal e como o que temos na Parroquia de Olás, “A Medorra”, e que pode dar unha idea da antigoedade do noso poboamento. Con estes poboadores chegou tamén o sedentarismo, as primeiras pallozas e a súa xerarquía social, a agricultura, a cerámica, os texidos, o emprego dos primeiros metais (cobre e estaño), a pulimentación da pedra, e outros adiantos que fai que poidan producir e tamén almacenar alimentos para aquelas épocas aínda moi frías do ano. Estas pequenas tribos de pacíficos agricultores, gandeiros, comerciantes ou metalúrxicos indíxenas, chamados “Argáricos” iranse espallando polos vales e chairas abertas de toda a xeografía galega ata a chegada dos Celtas, no século VI a. de C., que os invaden primeiramente e, tras coñecer a cultura superior que estes portan e dado o espírito pacífico dos Argáricos, deseguida se fusionan.
“Especímene de Cro Magnon, primeiro antepasado dos “Rubios-Gulis”, poboadores do Monte do Castro. ”
Os Celtas chegan á Península Ibérica formando un gran grupo de distintas tribos indoeuropeas, que veñen abrindo paso na búsqueda de xacementos de metais, pastos para o seu gando (bois sobre todo) e campos de cultivos. Os grupos máis feroces asentaranse na zona Norte, coñecidos coma os Vascóns, os Cántabros, os Astures e os Galaicos, que se estableceran na entonces “Galecia”.
O seu carácter belicoso, fai que pronto muden as costumes galegas, pasando ó home o oficio da guerra e da construción de novos asentamentos fortificados en zonas altas (coñecidos coma Castros) e o da muller o da agricultura e gandería. Deste xeito, tras estudar o territorio galego, repártense en pobos ou tribos quedando asentados na nosa comarca os “Coelerni”, que ocupan a zona media e baixa do río Arnoia, como o Castro da Rodela (entre Faramontaos e Rabal), ou o noso Monte do Castro de Olás, limitando cos “Tiburi” ó Este (na zona alta do Arnoia e Serra de San Mamede), cos “Coeliobriga” (en Castro Mao) polo Oeste e cos “Limici” (na zona da Limia e Lagoa de Antela) e os “Quarquerni” (na zona de Bande), xa mais ó Sur.
As dificultades xeográficas de Galicia e a falla de vías de comunicación, fai que non sexa doado a súa invasión, polo menos ata o ano 160 a. de C. ca chegada dos Romanos, que tras varios anos na Península, foron abrindo paso ata chegar á nosa terra. Tras duras loitas, vencen e someten ós Celtas, aos que obrigan a traballar as terras e a gandería, establecerse en zonas abertas (as nosas primeiras “aldeas”) e á extracción dos nosos recursos naturais.
Dado que a ocupación romana en Galicia, atendía tan só ó propio interese de espoliación dos nosos recursos e non ó de establecerse e fusionarse como pobo, tan só se limitaron a construír vías de comunicación (calzadas e pontes) para facilitar o movemento das súas lexións e para transportar os minerais que explotaban (ouro, prata, estaño, ferro ou cobre) dende as minas ata os portos mais pretos, de onde eran levados a Roma en barcos, polo que non temos ningún vestixio desta cultura na nosa parroquia.
No ano 409 da nosa era, en pleno declive romano a mans dos Visigodos, chegan un grupo de tribos xermanas (Asdingos, Silingos, Alanos e Suevos) á Península, procedentes da zona alta de Europa, os temibles “Bárbaros do Norte”, que arrasan e saquean poboacións enteiras ó seu paso na procura de terras onde asentarse. Así, dous anos despois, no 411, tras imporse os romanos e someter ós Galaicos, os Suevos establéncese entre os ríos Miño e Duero, sen espallarse moito para facerse mais fortes en caso de ataques. Uns anos despois, no 416, tras repeler as embestidas Visigodas, crean o primeiro Reino de Galicia independente.
Dende a caída do Imperio Roman, as cidades quedan sen defensa e son ameazas constantes de ataques, polo que o “señorío” deixa as cidades para establecerse no campo, organizándose arredor de extensas propiedades, coa que triunfará a ruralización do século V. Pero a actitude agresiva dos Suevos á súa chegada, fai que os “Gallaecios” busquen refuxio e volvan a poboar outra vez algúns dos castros.
Co tempo, e a pesares de ter sido un pobo bravo de loitadores, os Suevos atopan nos galegos, adicados sobre todo á agricultura e gandería con técnicas avanzadas para eles, a paz que tanto tempo levaban buscando, así que procuran unha coexistencia pacífica cos nativos, ata o punto que no ano 550 San Martín de Dumio consegue a súa conversión ó cristianismo.
 
   
           
 
Panel de administración