Últimas novas
25 Aniversario
AA.VV.San Pedro de Olás...
Ler máis »
Publicada o:04-05-2019 Lecturas: 76
MAGOSTO 2018
10 anos arredor da fogueira e as castañas...
Ler máis »
Publicada o:25-10-2018 Lecturas: 163
II Olimpiada Rural de A Broa
4 días - 4 sedes - 4 Asociacións involucradas ...
Ler máis »
Publicada o:11-10-2018 Lecturas: 169
Aurelio Domínguez Placa ó Mérito Veciñal
Pola Federación Provincial Limiar...
Ler máis »
Publicada o:07-06-2018 Lecturas: 238
Florentino López Alonso-Cuevillas

Escritor e Historiador tamén da nosa Parroquia

Florentino Cuevillas nace en 1.886 en Ourense, no seno dunha familia ben acomodada de funcionarios públicos, militares e boticarios. Orfo de pai, críase ca súa nai Vicenta Alonso Cuevillas en Ourense, pero pasa longas tempadas ca súa tía Rita Alonso Cuevillas, (“Doña Rita” ou “a Señorita”, como era coñecida na nosa Parroquia de Olás), que tras casar na parroquia,residiu no Pazo de Vilariño, a cabalo dos séculos XIX e XX.

Florentino, gran amante da nosa terra, acudía visitala súa tía de Vilariño frecuentemente, e aproveitaba para facer longas andainas, percorrendo os montes e os ríos da nosa contorna, para acadar información que quedará plasmada para historia, trás publicala na Revista NÓS, naquel entón: 
 

“O Monte de Castro”

“EMPRAZAMENTO.- Na Provincia de Ourense, concello da Merca, freguesía de Santa María de Olás. É un espolón granítico de abas pinas que caen pol-o oeste en col do val da Arnoia, pol-o sul no regato de Fechiñas, e pol-o norte e o leste, xúntanse xa moi abaixadas cas de outro outeiro que se conoce co nome, quizais moderno de “O Piñeiral”.

“OBSERVAZÓNS.- Temos percorrido istes sitios ben veces e ben de vagar, sen ollar n-iles ren…………….”

“FOLKLORE.- A freguesía de Olás tivo denantes a sua cabeza en Vilariño, aldeia formada pol-os lugares de Campos, Barreira, Pereiras e San Pedro, e parez ser que n-iste derradeiro radicaba a eirexa parroquial, tendose descoberto n’il restos de antigas sepulturas.

Asimesmo San Pedro, debeu ser o patrón da primitiva freguesía e aínda esiste unha capela a il adicada no lugar da Barreira, e ali faiselle novena e festa, que corre a cárrego de unha cofradía. Pois ben, o folión de ista festa non se celebra, nin ás portas da capela, nin perto da eirexa parroquial. A xente toda ca música vai deica ó cume do castro, e ali botan os foguetes e ali alcenden fachas que poñen en duas furas practicadas nas penedas que coroan o monte. É de notar que o camiño ………………”


Florentino morreu no ano 1.958 e dez anos mais tarde (1.968) adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Volver
   
             
 
Panel de administración