Últimas novas
25 Aniversario
AA.VV.San Pedro de Olás...
Ler máis »
Publicada o:04-05-2019 Lecturas: 75
MAGOSTO 2018
10 anos arredor da fogueira e as castañas...
Ler máis »
Publicada o:25-10-2018 Lecturas: 163
II Olimpiada Rural de A Broa
4 días - 4 sedes - 4 Asociacións involucradas ...
Ler máis »
Publicada o:11-10-2018 Lecturas: 169
Aurelio Domínguez Placa ó Mérito Veciñal
Pola Federación Provincial Limiar...
Ler máis »
Publicada o:07-06-2018 Lecturas: 238
Manuel Fernández Rodríguez

"O Cubano, o Home Orquestra"

Manuel naceu en Pazos de Olás a principios do século XX, no seno dunha humilde familia labrega, Julián e Constancia, coñecidos como os “da Renta”.

Coma moitos galegos, buscou na emigración o escape á pobreza, na Habana  (Cuba); atopando na música un medio que lle permitiu adicar a súa vida a ela, con grande éxito; dise que incluso tocaba nas festas de Fidel Castro ou de Che Guevara.

Viaxaba sempre que podía a súa terra natal (en 1958 por derradeira vez), traendo diferentes instrumentos musicais (bombo, caixa, platillos, armónica, ......), cos que amenizaba os bailes para as mozas e mozos dos anos cuarenta e cincuenta, que de tódolos currunchos da volta acudían para ouvílo tocar e para bailar ó ritmo que marcaba “O Cubano, o Home Orquestra”.  

Morreu con gran morriña e foi soterrado onde a súa dona Carmen na Habana en 1.978.

Volver
   
             
 
Panel de administración