Últimas novas
25 Aniversario
AA.VV.San Pedro de Olás...
Ler máis »
Publicada o:04-05-2019 Lecturas: 75
MAGOSTO 2018
10 anos arredor da fogueira e as castañas...
Ler máis »
Publicada o:25-10-2018 Lecturas: 163
II Olimpiada Rural de A Broa
4 días - 4 sedes - 4 Asociacións involucradas ...
Ler máis »
Publicada o:11-10-2018 Lecturas: 169
Aurelio Domínguez Placa ó Mérito Veciñal
Pola Federación Provincial Limiar...
Ler máis »
Publicada o:07-06-2018 Lecturas: 238
Consuelo Ferreiro Rodríguez

A ela devemos que a Virxe de Fátima séa a Patroa de Olás

Consuelo Ferreiro Rodríguez, nacía en Olás no ano 1900, casou con Nicanor Pérez en 1925, un galego de A Bola, afincado en Bos Aires que a levou a vivir para aló, onde naceron os seus tres fillos (Carmen Consuelo, Jaime Manuel y Juan Carlos Pérez Ferreiro na foto adxunta). Despois do paréntese imposto primeiro pola Guerra Civil e despois pola Segunda Guerra Mundial que dificultaron as viaxes intre os dous países, no ano 1948 voltou a Olás para unha prolongada visita familiar. Durante esa visita interesouse moito polo culto a Virxe de Fátima, influxo que chegaba dende Portugal e que estaba sendo moi promovida naqueles intres por Don Juán Estevez, Párroco de Olas. A raíz dise interés, Consuelo foi profundizando a súa devoción pola Virxe de Fátima ata o punto de decidir doar unha imaxe para que a Virxe se sentira mais preto de Olás. E así, encargou os Escultores da Manchica a imaxe de madeira que dende aquel mesmo ano preside o Altar Maior da Igrexa de Santa María de Olás, trocando a devoción da Parroquia que ata entonces tiñan como patróns a San Ramón e o Cristo na Cruz, e celebrando a súa festividade cada 13 de Maio. Consuelo morría tres anos despois en Bos Aires, onde descansa o seu corpo.

Volver
   
             
 
Panel de administración