Últimas novas
25 Aniversario
AA.VV.San Pedro de Olás...
Ler máis »
Publicada o:04-05-2019 Lecturas: 75
MAGOSTO 2018
10 anos arredor da fogueira e as castañas...
Ler máis »
Publicada o:25-10-2018 Lecturas: 163
II Olimpiada Rural de A Broa
4 días - 4 sedes - 4 Asociacións involucradas ...
Ler máis »
Publicada o:11-10-2018 Lecturas: 168
Aurelio Domínguez Placa ó Mérito Veciñal
Pola Federación Provincial Limiar...
Ler máis »
Publicada o:07-06-2018 Lecturas: 238
Victoriano Fernández Reinoso

Mártir en 1.936 e Beato dende 2.007

Nacido en Campos de Olás de Vilariño, no ano 1913. Fillo de Lino Fernández e de Julia Reinoso, ámbolos dous veciños de Campos. Irmán de Lola (viuda de Sampayo) e tío de Julia e Lino Sampayo Reinoso, actualmente residentes na Parroquia.

Con tán só 13 anos ingresou no Colexio Salesiano de Allariz e xa con 20 profesaba como salesiano en Madrid.

En 1.935 e 1.936 estivo destinado en Atocha como mestre. Alí sorprendeuno a Guerra Civil, e o 23 de xullo do 36, foi recoñecido como relixioso salesiano en plena rúa, detido por milicianos republicanos e levado a algún lugar onde se supón foi fusilado e enterrado, cando tiña tan só 23 anos.

O 28 de Maio de 2007  foi beatificado en Roma polo Papa Benedito XVI.

Volver
   
             
 
Panel de administración