Últimas novas
MAGOSTO 2018
10 anos arredor da fogueira e as castañas...
Ler máis »
Publicada o:25-10-2018 Lecturas: 307
II Olimpiada Rural de A Broa
4 días - 4 sedes - 4 Asociacións involucradas ...
Ler máis »
Publicada o:11-10-2018 Lecturas: 319
Aurelio Domínguez Placa ó Mérito Veciñal
Pola Federación Provincial Limiar...
Ler máis »
Publicada o:07-06-2018 Lecturas: 384
Ermida de San Pedro Ad víncula
Fin dos proxectos de obras...
Ler máis »
Publicada o:07-06-2018 Lecturas: 379
A “AA.VV. San Pedro” naceu en Pazos, aló por Maio do ano 1994. Inicialmente foi constituída por: Manuel Domínguez, Modesto Fernández, Venerando Fernández, José Freire e Suso Martínez, tendo a súa sede social no “Chiringo de Pazos”.

Formada nos primeiros intres polos veciños de Pazos, tras varios anos de consolidación e espallamento, outros veciños da parroquia, de forma individual, manifestaron o seu desexo de ser membros da mesma, ata chegar a ser un total de 124 socios.
No ano 2004, obrigados pola Xunta de Galicia á “Adaptación dos Estatutos”, aproveitouse para ampliar o ámbito territorial da Asociación a toda Parroquia de Olás, facendo unha campaña para animar a todos os veciños a ser membros da mesma. Pero non é ata o ano 2008, cando os veciños de Vilariño (A Barreira, Pereiras, Campos e O Curro), sexan os primeiros en sumarse como pobo a asociación veciñal. Meses mais tardes seguíronnos os do pobo de Olás e xa a finais de ese mesmo ano tamén os do Xen. Quedando a partir de Xaneiro do ano 2009, formada a “Asociación de Veciños San Pedro”, por tódolos pobos da Parroquia de Olás, medrando así o número de membros ata chegar os 200 socios.
En Xaneiro do ano 2009 a primeira Xunta Directiva da nova ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN PEDRO de OLÁS queda constituída polos seguintes membros:
 
Presidente: Suso Martínez (Pazos)
Vicepresidente: Venerando Fernández (Pazos)
Tesoureiros: Isauro Casas (Olás)
Eladio Villar (Vilariño)
Secretaria: Emilia López (Pazos)
Vocais: Aurelio Domínguez (A Medorra)
Marina Fernández (Pazos)
Eladio Bello (Pazos)
Francisco Miranda (Campos)
Luís Fernández (Olás)
Manuel Taín (Olás)
Julio Mera (Xen)
Lourdes Rodríguez (Xen)
   
Coa chegada dos novos socios modifícanse outra vez algúns artigos dos Estatutos, pero mantendo as bases funcionais da mesma intactas. Somos así, unha Asociación sen ánimo de lucro, destinada a atender e defender os intereses xerais dos asociados sobre problemas sociais, culturais, de servizos, recreativos ou deportivos, así como velar e conservar o noso patrimonio. Aprobadas as modificacións pola Xunta de Galicia en data 29 de Decembro de 2009.
En Xaneiro de 2012, en Asamblea Xeral Extraordinaria, troca a Xunta Directiva, que quedará formada para os vindeiros dous anos polos seguintes socios:
 
 
Presidente: Suso Martínez (Pazos)
Vicepresidente: Antonio Gómez (Vilariño)
Tesoureiros: Isauro Casas (Olás)
Eladio Villar (Vilariño)
Secretaria: Lourdes Rodríguez (Xen)
Vocais: Marina Fernández (Pazos)
Concha López (Pazos)
Antonio López (Pazos)
Eladio Bello (Pazos)
Francisco Miranda (Vilariño)
Luís Fernández (Olás)
José Campos (Olás)
Julio Mera (Xen)
 
   
           
 
Panel de administración